Aumento da duración da batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en conta o
seguinte:
26 Axuda
•
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth, ou permitir que estas funcións
se executen en segundo plano mentres utiliza outras, aumenta o consumo de
enerxía da batería. Desactive o Bluetooth cando non o necesite.
•
As funcións que utilizan a rede LAN sen fíos (WLAN), ou permitir que estas
funcións se executen en segundo plano mentres utiliza outras, aumenta o
consumo de enerxía da batería. A WLAN do teléfono Nokia apágase cando non
tenta conectar, cando non está conectada cun punto de acceso ou cando non
está buscando redes dispoñibles. Para reducir máis o consumo da batería, pode
especificar que o dispositivo non busque redes dispoñibles en segundo plano
ou que o faga con menor frecuencia.
•
Se axustou
Conexión paquetes datos
en
Se está dispoñible
nos axustes de
conexión e non existe cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo tenta
establecer periodicamente unha conexión de paquete de datos. Para aumentar
a duración do funcionamento do teléfono, seleccione
Conexión paquetes
datos
>
Se cómpre
.
•
A aplicación Mapas descarga nova información do mapa cando vostede se
despraza ata novas zonas deste, o que aumenta o consumo de enerxía da
batería. É posible evitar a descarga automática de novos mapas.
•
Se a potencia do sinal da rede móbil varía considerablemente na súa zona, o
dispositivo buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo
da enerxía da batería.
Se se axusta o modo de rede en modo dual nos axustes de rede, o dispositivo
buscará a rede UMTS. É posible axustar o dispositivo para utilizar só a rede GSM.
Para utilizar só a rede GSM, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Rede
>
Modo de rede
>
GSM
.
•
A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía da batería. Nos
axustes da pantalla, é posible cambiar o tempo de espera que desexa que
transcorra para que se apague a luz de fondo e axustar o sensor de luz que
observa as condicións de iluminación e que axusta o brillo da pantalla.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Pantalla
>
Duración luz
ou
Sensor
de luz
.
Axuda 27
•
Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano aumenta o consumo
de enerxía da batería. Para pechar as aplicacións que non utiliza, manteña
premida a tecla Menú, seleccione
Opcións
>
Amosar aplics. abertas
, e
desprácese ata a aplicación por medio da tecla Menú. Manteña premida a tecla
Menú e seleccione
Saír
.