Nokia X6 00 - Xestión de certificados

background image

Xestión de certificados

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Teléfono

>

Xestión teléfono

>

Seguridade

>

Xestión de certificados

.

Os certificados dixitais deben utilizarse para conectarse a bancos en liña ou outros

sitios ou servidores remotos para realizar accións que implican a transferencia de

información confidencial. Tamén deben empregarse para reducir o risco de ser

infectado por virus ou demais software malintencionado e asegurarse da

autenticidade dun software cando o descargue e instale.
Seleccione unha das opcións seguintes:

Certificados autoridade — Permite ver e editar os certificados de autoridade.

Certificados sitio seguro — Permite ver e editar os certificados dos sitios fiables.

Certificados persoais — Permite ver e editar os certificados persoais.

172 Axustes

background image

Certificados do teléfono — Permite ver e editar os certificados do dispositivo.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse para verificar a orixe

do software.

Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os

riscos relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre

utilizalos correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia

dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado

debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar

a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado

caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado

debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Visualización de detalles dos certificados: comprobación da súa

autenticidade

Só se pode estar seguro da correcta identidade dun servidor se se comproba a

sinatura e o período de validez dun certificado de servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón do certificado de

seguridade correcto no teléfono, recibirá unha notificación.

Para comprobar os detalles dun certificado, seleccione

Opcións

>

Detalles do

certificado

. Compróbase a validez do certificado e é posible que se visualice unha

das seguintes notas:

Certificado non fiable — Non axustou ningunha aplicación para usar o certificado.

Certificado caducado — O período de validez do certificado finalizou.

Certificado aínda non válido — O período de validez do certificado aínda non

comezou.

Certificado corrupto — O certificado non se pode usar. Póñase en contacto co

emisor do certificado.

Axustes 173

background image

Cambie os axustes de fiabilidade

Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o

propietario do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao

propietario facilitado.

Para cambiar os axustes dun certificado de autoridade, seleccione

Opcións

>

Axustes fiabilidade

. Dependendo do certificado, amósase unha lista das

aplicacións que poden usar o certificado seleccionado. Por exemplo:

Instalación Symbian: Si — O certificado é quen de certificar a orixe dunha nova

aplicación do sistema operativo Symbian.

Internet: Si — O certificado é quen de certificar servidores.

Instalación aplics.: Si — O certificado é quen de certificar a orixe dunha aplicación

Java nova.

Para cambiar o valor, seleccione

Opcións

>

Edit. axustes fiabilidade

.