
Axustes dos accesorios
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Accesorios
.
Algúns conectores de accesorios indican o tipo de accesorio que está conectado ao
dispositivo.
Seleccione un dos seguintes accesorios:
Perfil predeterminado — Permite establecer o perfil que desexa activar cada vez
que conecta un accesorio compatible determinado ao dispositivo.
Resposta automática — Permite axustar o dispositivo para que responda ás
chamadas entrantes automaticamente despois de 5 segundos. Se se axusta o tipo
de ton en
Un bip
ou en
Silencio
, deshabilítase a resposta automática.
Iluminación — Permite establecer se desexa que as luces continúen acendidas
despois do tempo de espera.
Axustes 169

Os axustes dispoñibles dependen do tipo de accesorio.
Para cambiar os axustes dunha conexión de saída de televisión, seleccione
Saída
de TV
e unha das seguintes opcións:
Perfil predeterminado — Permite axustar o perfil que desexa activar cada vez
que conecte un cable de conectividade de vídeo Nokia ao dispositivo.
Tamaño pantalla TV — Permite seleccionar o formato do televisor.
Sistema de televisión — Permite seleccionar o sistema de sinal de vídeo analóxico
compatible co seu televisor.
Filtro de intermitencia — Para mellorar a calidade de imaxe na pantalla do seu
televisor, seleccione
Activado
. É posible que o filtro contra o pestanexo non reduza
a escintilación da imaxe en todas as pantallas de televisión.