Contido protexido
O contido protexido por DRM (Digital rights management, Xestión de dereitos
dixitais), por exemplo, algúns ficheiros multimedia como imaxes, música ou
videoclips, fornécese cunha licenza asociada na que se definen os seus dereitos para
usar o contido.
É posible ver os detalles e o estado das licenzas e reactivalas e eliminalas.
Xestión de licenzas de dereitos dixitais
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Xestión teléfono
>
Seguridade
>
Contido protexido
.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual,
incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM
para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo pode acceder
a contido protexido con WMDRM 10, OMA DRM 1.0 e OMA DRM 2.0. Se un determinado
software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido
soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos
contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a
renovación do contido protexido mediante DRM que xa se atope no dispositivo. Esta
anulación non afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ó
uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha licenza asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Axustes 175
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer
unha copia de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de
copia de seguridade de Nokia Ovi Suite.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, a licenza e o contido
perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda a
licenza e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda da licenza ou do
contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu
dispositivo de novo. Para obter máis información, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só
poida acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.