Cámara
O seu dispositivo ten dúas cámaras, unha cámara de alta resolución na parte
posterior do dispositivo e unha cámara de resolución inferior na parte frontal. Pode
utilizar ámbalas dúas cámaras para capturar imaxes e gravar vídeos.
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 2592x1944 píxeles.
A resolución de imaxe amosada nesta guía pode ter un aspecto diferente.