Nokia X6 00 - Centro de vídeo de Nokia

background image

Centro de vídeo de Nokia

Con Centro de vídeo de Nokia (servizo de rede), pode descargar e transmitir por

secuencias clips de vídeo mediante conexión polo aire dende servizos de vídeo na

Internet compatibles utilizando paquetes de datos ou conexións WLAN. Tamén

pode transferir clips de vídeo dende un ordenador compatible ao seu dispositivo e

visualizalos no Video Centre.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de datos para descargar vídeos pode

implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter

información acerca das tarifas de transmisión de datos.
É posible que o seu dispositivo dispoña de servizos predefinidos.
Os fornecedores de servizos poden fornecer contidos gratis ou cobrar unha taxa.

Comprobe o prezo no servizo ou co fornecedor do servizo.