
Os meus vídeos
Os meus vídeos é unha localización e almacenaxe para todos os vídeos. É posible
obter unha lista dos vídeos descargados e dos videoclips gravados coa cámara do
dispositivo en vistas separadas.
Para abrir un cartafol e ver videoclips, seleccione o cartafol. Cando a reprodución
dun videoclip está en marcha, puntee na pantalla para usar as teclas de control para
controlar o reprodutor.
Para axustar o volume, prema a tecla de volume.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
Proseguir descarga — Continuar unha descarga en pausa ou con erros.
Cancelar descarga — Cancelar unha descarga.
Detalles do vídeo — Ver información sobre un videoclip.
Atopar — Buscar un videoclip. Insira texto de busca que coincida co nome do
ficheiro.
Estado da memoria — Ver o total de memoria libre e en uso.
Ordenar por — Ordenar videoclips. Seleccione a categoría desexada.
Mover e copiar — Mover ou copiar videoclips. Seleccione
Copiar
ou
Mover
e a
situación desexada.
Centro de vídeo de Nokia 149