Axustes de rede
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Rede
.
O seu dispositivo pode cambiar automaticamente entre as redes GSM e UMTS. As
redes GSM indícanse mediante . As redes UMTS indícanse mediante
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Modo de rede — Permite seleccionar que rede desexa utilizar. Se selecciona
Modo
dual
, o dispositivo utilizará a rede GSM ou UMTS automaticamente, segundo os
parámetros de rede e os acordos de itinerancia establecidos entre os fornecedores
de servizos sen fíos. Para obter máis detalles e información sobre os custos da
itinerancia, póñase en contacto co seu fornecedor de servizo de rede. Esta opción
só se amosa se a admite o fornecedor de servizos sen fíos.
Un acordo de itinerancia é un acordo entre dous ou máis fornecedores de servizos
que permite que os usuarios dun fornecedor de servizos utilicen os servizos doutros
fornecedores de servizos.
Selección de operador — Seleccione
Automática
para axustar o dispositivo para
buscar e seleccionar unha das redes dispoñibles ou
Manual
para seleccionar
manualmente a rede dunha lista. Se se perde a conexión á rede seleccionada
manualmente, o dispositivo emitirá un ton de erro e solicitaralle que seleccione de
novo unha rede. A rede seleccionada debe dispoñer dun acordo de itinerancia coa
súa rede propia.
Conectividade 125
Amosar info celular — Permite axustar o dispositivo para que indique cando
desexa que se utilice nunha rede móbil baseada nunha tecnoloxía de rede
micromóbil (MCN) e para activar a recepción da información móbil.