Acerca da conectividade Bluetooth
Grazas á conectividade Bluetooth pode establecer unha conexión sen fíos a outros
dispositivos compatibles, como dispositivos móbiles, ordenadores, auriculares ou
kits de vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar elementos dende o seu dispositivo, transferir
ficheiros dende o seu ordenador compatible e imprimir ficheiros cunha impresora
compatible.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican
mediante ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non
obstante, cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda
que a conexión pode sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a
outros dispositivos electrónicos.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os
seguintes perfís: acceso xenérico, acceso de rede, control, mans libres, auriculares,
envío de obxectos, transferencia de ficheiros, conexión de acceso telefónico á rede,
acceso SIM e porto serie . Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos
que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para
este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter
información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con
dispositivos autorizados.
Conectividade 137
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.