Vinculación de dispositivos
Pode vincular o seu dispositivo con outro dispositivo compatible para establecer
conexións Bluetooth posteriores entre os dispositivos máis rapidamente. Antes da
vinculación, cree o seu propio código (de 1 a 16 díxitos) e acorde co propietario do
outro dispositivo utilizar o mesmo código. Os dispositivos que non presentan unha
Conectividade 139
interface de usuario posúen un código axustado de fábrica. O código utilízase só
unha vez.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
1 Abra a ficha Disposit. vinculados.
2 Seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
. Amosaranse os dispositivos
que se atopan dentro do seu alcance.
3 Seleccione o dispositivo.
4 Introduza o código nos dous dispositivos.
indica que un dispositivo está vinculado na vista de procura de dispositivos.
Conexión a un accesorio despois da vinculación
Seleccione
Opcións
>
Conec. con dispos. audio
. Algúns accesorios de audio
conéctanse automaticamente co teléfono despois da vinculación.
Axuste dun dispositivo como autorizado
Seleccione
Fixar como autorizado
. As conexións entre o teléfono e o dispositivo
autorizado pódense realizar sen o seu coñecemento. Use este estado só para os
seus propios dispositivos, como os auriculares compatibles, ordenadores ou
dispositivos que pertenzan a unha persoa de confianza. indica os dispositivos
que se atopan autorizados na vista de dispositivos vinculados.
Cancelación da vinculación cun dispositivo
Seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Cancelación de todas as vinculacións
Seleccione
Opcións
>
Borrar todos
.
140 Conectividade