Conexións de datos e puntos de acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de datos (servizo de rede), como
GPRS, na rede GSM. Cando se usa o dispositivo en redes GSM e 3G, pode haber varias
conexións de datos activas ao mesmo tempo e os puntos de acceso poden compartir
unha conexión de datos. Na rede 3G, as conexións de datos seguen activas durante
as chamadas de voz.
Tamén pode usar unha conexión de datos WLAN. Nunha conexión LAN só pode estar
activa ó mesmo tempo unha conexión, pero varias aplicacións poden utilizar o
mesmo punto de acceso á Internet.
Para establecer unha conexión de datos, requírese un punto de acceso. É posible
definir diferentes clases de puntos de acceso, como os seguintes:
•
Punto de acceso de MMS para enviar e recibir mensaxes multimedia
124 Conectividade
•
Punto de acceso á Internet (IAP) para enviar e recibir correos electrónicos e
conectarse á Internet
Comprobe o tipo de punto de acceso que necesita co seu fornecedor de servizos
para o servizo ó que desexa acceder. Para consultar a dispoñibilidade e a subscrición
ós servizos de conexión de datos do paquete, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.