Acerca da WLAN
O dispositivo pode detectar redes de área local sen fíos (WLAN) e conectarse a elas.
Mediante unha WLAN, é posible conectar o dispositivo á Internet e a dispositivos
compatibles que admitan as redes WLAN.
Para empregar unha conexión WLAN, precisa o seguinte:
•
Cómpre que exista unha WLAN dispoñible na súa localización.
•
O dispositivo debe estar conectado á WLAN. Algunhas WLAN están protexidas,
e precisa dunha clave de acceso do seu fornecedor de servizos para conectarse
a elas.
•
Un punto de acceso á Internet creado para a WLAN. Utilice o punto de acceso
para as aplicacións que necesitan conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando crea unha conexión de datos mediante un
punto de acceso Internet WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando finaliza a
conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz ou cando o paquete de datos
está activo. Só pode estar conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN á
vez, pero varias aplicacións poden utilizar o mesmo punto de acceso.
As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen autorización para executarse en
segundo plano mentres se utilizan outras funcións, aumentan a demanda de
enerxía da batería e reducen a vida útil da mesma.
126 Conectividade
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:
•
IEEE 802.11b/g estándar
•
Funcionamento a 2,4 GHz
•
Métodos de autenticación WEP, WPA/WPA2 e 802.1x. Estas funcións pódense
utilizar só se a rede as admite.
Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado dispoñibles para
aumentar a seguridade da conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o
risco de que accedan de xeito non autorizado aos seus datos.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda pode utilizar a WLAN (se está
dispoñible). Recorde cumprir con tódolos requisitos de seguridade aplicables cando
estableza e utilice unha conexión WLAN.
Consello: Para consultar o enderezo MAC único que identifica o seu dispositivo, abra
o teclado de marcación e insira *#62209526#.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns
países. Por exemplo, en Francia só está permitido utilizar redes WLAN en lugares
interiores. Para obter máis información, contacte coas súas autoridades locais.