
Modos operativos
Existen dous modos operativos en WLAN: infraestrutura e ad hoc.
O modo operativo de infraestrutura permite dúas clases de comunicación: a
conexión dos dispositivos sen fíos entre si por medio dun dispositivo de punto de
acceso WLAN, ou a conexión dos dispositivos sen fíos a unha LAN con cable mediante
un dispositivo de punto de acceso WLAN.
No modo operativo ad hoc, os dispositivos poden enviar e recibir datos
directamente entre si.