Administración de grupos de puntos de acceso
Para evitar seleccionar un punto de acceso único cada vez que o dispositivo fai unha
conexión de rede, pode crear un grupo que conteña varios puntos de acceso para
conectar á rede e definir a orde na que se usan os puntos de acceso. Por exemplo,
pode engadir unha rede LAN sen fíos (WLAN) e puntos de acceso de paquetes de
datos a un grupo de puntos de acceso á Internet e usar o grupo para navegar pola
web. Se lle outorga á rede WLAN a prioridade máis alta, o dispositivo conectarase
á Internet por medio da WLAN se estivese dispoñible, e por medio dunha conexión
de paquetes de datos se non estivese.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
.
130 Conectividade
Creación dun grupo de puntos de acceso novo
Seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo destino
.
Adición de puntos de acceso a un grupo de puntos de acceso
Selecione o grupo e, a continuación,
Opcións
>
Novo punto de acceso
.
Copia dun punto de acceso existente doutro grupo
Seleccione o grupo, diríxase ao punto de acceso que desexe copiar e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar noutro destino
.
Cambio da prioridade dun punto de acceso dun grupo
Seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar prioridade
.