
Axustes de puntos de acceso de paquetes de datos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
>
Punto de acceso
e
siga as instrucións.
Edición de puntos de acceso de paquetes de datos
Seleccione un grupo de puntos de acceso e o punto de acceso marcado mediante
. Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Nome punto de acceso — O seu fornecedor de servizos facilitaralle o nome do
punto de acceso.
Nome de usuario — É posible que se necesite o nome de usuario para realizar
unha conexión de datos. Este nome de usuario obtense normalmente do fornecedor
de servizos.
Petición contrasinal — Se cómpre inserir o contrasinal cada vez que se inicia
sesión nun servidor ou se non desexa gardar o contrasinal no dispositivo, seleccione
Si
.
Conectividade 131

Contrasinal — É posible que sexa necesario un contrasinal para realizar unha
conexión de datos. Este contrasinal obtense normalmente do fornecedor de
servizos.
Autenticación — Para enviar sempre o seu contrasinal codificado, seleccione
Segura
. Para enviar o seu contrasinal codificado cando sexa posible, seleccione
Normal
.
Páxina de inicio — Dependendo do punto de acceso que configure, insira o
enderezo web ou o enderezo do centro de mensaxes multimedia.
Usar punto de acceso — Permite axustar o dispositivo para conectarse ao destino
mediante este punto de acceso despois da súa confirmación ou de xeito automático.
Modificación dos axustes de puntos de acceso de paquetes de datos
avanzados
Seleccione
Opcións
>
Axustes avanzados
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Tipo de rede — Permite seleccionar o tipo de protocolo da Internet que desexa
utilizar para transferir datos desde e para o dispositivo. O resto de axustes
dependerán do tipo de rede seleccionado.
Enderezo IP teléfono (só para IPv4): — Permite inserir o enderezo IP do
dispositivo.
Enderezos DNS — Permite inserir os enderezos IP dos servidores DNS primario e
secundario, se o require o seu fornecedor de servizos. Para obter estes enderezos,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos da Internet.
Enderezo servidor proxy — Insira o enderezo do servidor proxy.
Nº de porto proxy — Permite inserir o número de porto do servidor proxy.