Nokia X6 00 - Axustes do punto de acceso WLAN

background image

Axustes do punto de acceso WLAN

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Conectividade

>

Destinos

>

Punto de acceso

e

siga as instrucións.

132 Conectividade

background image

Edición dun punto de acceso LAN sen fíos (WLAN)

Seleccione un grupo de puntos de acceso e o punto de acceso marcado mediante

. Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos de WLAN.

Seleccione entre as seguintes opcións:

Nome de rede WLAN — Seleccione

Introdución manual

ou

Buscar redes

. Se

selecciona unha rede existente, determinarase o modo de rede WLAN e o modo de

seguridade WLAN mediante os axustes do seu dispositivo de punto de acceso.

Estado de rede — Permite definir se desexa que se amose o nome da rede.

Modo de rede WLAN — Seleccione

Ad-hoc

para crear unha rede "ad hoc" e para

permitir que os dispositivos envíen e reciban datos directamente (non se necesita

un dispositivo de punto de acceso WLAN). Nunha rede "ad hoc", cómpre que todos

os dispositivos utilicen o mesmo nome de rede WLAN.

Modo seguridade WLAN — Seleccione a codificación usada:

WEP

,

802.1x

ou

WPA/WPA2

(802.1x e WPA/WPA2 non están dispoñibles para redes ad hoc). Se

selecciona

Rede aberta

, non se usa ningunha codificación. As funcións WEP, 802.1x

e WPA pódense usar só se a rede as admite.

Páxina de inicio — Permite inserir o enderezo web da páxina de inicio.

Usar punto de acceso — Permite axustar o dispositivo para crear unha conexión

mediante este punto de acceso de xeito automático ou despois da súa confirmación.
As opcións dispoñibles poden variar.