Dereitos de autor e outros avisos
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-559 cumpre cos requirimentos básicos e con outras
condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina
http://www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People, o logotipo de Nokia Original Accessories e o logotipo de Nokia Original Enhancements
son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de
Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de compañías mencionados neste documento poden ser marcas
comerciais ou nomes comerciais dos seus respectivos propietarios
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera
modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento
continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento
sen previo aviso.
186 Dereitos de autor e outros avisos
Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.
Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e
non comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha
actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo
con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional,
incluíndo a relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://
www.mpegla.com.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,
INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ NINGÚN
TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE COMERCIABILIDADE
E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN
CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA
MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A enxeñería inversa do software do dispositivo está prohibida na medida permitida pola lexislación aplicable. Na medida
en que esta guía de usuario contén limitacións nas representacións, garantías, danos e responsabilidade de Nokia, é moi
probable que as limitacións mencionadas limiten as representacións, as garantías e os danos e responsabilidades dos
outorgantes de licenza de Nokia.
É posible que as aplicacións doutros fabricantes fornecidas co dispositivo foran creadas e sexan propiedade de persoas
ou entidades non asociadas nin relacionadas con Nokia. Nokia non é propietaria dos dereitos de autor nin de propiedade
intelectual das aplicacións de terceiras partes. Debido a esta razón, Nokia non se responsabilizará da asistencia técnica
ao usuario, da funcionalidade das aplicacións nin da información contida nas aplicacións nin nos materiais. Nokia non
ofrece ningunha garantía sobre as aplicacións de terceiras partes. MEDIANTE O USO DAS APLICACIÓNS, VOSTEDE ADMITE
QUE AS APLICACIÓNS FORNÉCENSE “TAL CAL”, SEN GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO, TANTO EXPRESAS COMA IMPLÍCITAS, NA MÁXIMA
MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE. TAMÉN RECOÑECE QUE NIN NOKIA NIN AS SÚAS COMPAÑÍAS FILIAIS
OFRECERÁN GARANTÍA NIN REPRESENTACIÓN ALGUNHA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A
GARANTÍA DE TÍTULO, DE CAPACIDADE COMERCIAL E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO, NIN QUE AS APLICACIÓNS NON
INFRINXAN AS PATENTES, DEREITOS DE AUTOR E MARCAS COMERCIAIS OU DEMAIS DEREITOS DE TERCEIRAS PARTES,.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase en
contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este dispositivo pode
Dereitos de autor e outros avisos 187
conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e
doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un
teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no
caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co
centro de servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu funcionamento está
suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo
debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio
ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este
equipo.
Número de modelo: X6-00
/Edición 5.4 GL
188 Dereitos de autor e outros avisos