
Teclado virtual
É posible usar o teclado virtual en modo horizontal.
Para activar o teclado virtual, seleccione
>
QWERTY a pant. comp.
. Esta función
non se atopará dispoñible se se está a empregar o cambio do modo de entrada
automático (os sensores están activados).
56 Escribir texto

1 Pechar: permite pechar o teclado virtual.
2 Menú de entrada: abre o menú de opcións de entrada táctil, que inclúe
comandos como
Idioma de escritura
.
3 Teclado virtual
4 Bloqueo de maiúsculas: para escribir un carácter en maiúscula cando está a
escribir en minúscula, ou viceversa, seleccione esta tecla antes de introducir o
carácter. Para activar o bloqueo de maiúsculas, seleccione a tecla dúas veces.
Unha liña debaixo da tecla indica que o bloqueo está activado.
5 Letras
6 Números e caracteres especiais
7 Acentos dos caracteres
8 Barra de espazo
9 Desprazamento do cursor despois de inserir caracteres.
10 Retroceso
11 Intro: permite mover o cursor á fila ou campo de entrada de texto seguinte. As
funcións adicionais están baseadas no contexto actual.
12 Modo de entrada: permite seleccionar o método de inserción. Ao tocar nun
elemento, a vista do método de entrada actual péchase e ábrese o seleccionado.
A dispoñibilidade dos modos de entrada pode variar en función de se os modos
de entrada automática se atopan activados ou non.