Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións
programadas polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a través da Internet (chamadas da Internet), active
as chamadas da Internet e o teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de emerxencia a través das
redes móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se se atopan activados ámbolos dous. Non se pode garantir que
as conexións funcionen en todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para efectuar
comunicacións importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. En función do dispositivo,
é posible que tamén necesite realizar o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
•
Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil de modo de perfil desconectado a un perfil activo.
•
Se a pantalla e as teclas están bloqueadas, deslice o interruptor de bloqueo no lateral do dispositivo para
desbloquealas.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o dispositivo para chamadas.
3
Para abrir o marcador, seleccione
Teléfono
ou
.
4
Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de emerxencia poden variar en cada
localidade.
5
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do xeito máis preciso posible. É posible
que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata
que reciba permiso para facelo.