Nokia X6 00 - Información de certificación (SAR)

background image

Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.

O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non superar os límites de exposición ás ondas

de radiofrecuencia recomendadas polas directrices internacionais. O organismo científico independente ICNIRP

desenvolveu estas directrices, que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a protección de todas as

persoas, independentemente da idade e da saúde.

As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de medición coñecida como o Índice

de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en

Información do produto e de seguridade 185

background image

aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando posicións de funcionamento

estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía máis alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel

de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está

deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número

de factores, como a que distancia se atopa dunha estación base de rede.

O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de 1,11

Watt/kg .

O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes valores de SAR. Os valores de SAR poden variar

dependendo das necesidades de información e probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR

adicional, consulte a sección de información do produto da páxina web www.nokia.com.