Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa localización no mapa mediante o sistema de posicionamento
baseado en GPS, A-GPS, WLAN ou ID de cela.
O GPS (Sistema de Posicionamento Global) é un sistema de navegación baseado en
satélite empregado para calcular a súa posición. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo
de rede que lle envía os datos do GPS, mellorando a velocidade e precisión do
posicionamento.
O posicionamento mediante rede de área local sen fíos (WLAN) mellora a precisión
do posicionamento cando os sinais de GPS non se atopan dispoñibles,
especialmente cando se atopa en lugares interiores ou entre edificios altos.
112 Mapas
Mediante o posicionamento baseado en ID de cela, a posición determínase
mediante a antena de telecomunicacións á que se atopa conectado o seu dispositivo
móbil nestes intres.
En función do método de posicionamento dispoñible, é posible que a precisión do
posicionamento varíe entre uns metros e varios quilómetros.
Cando utilice Mapas por primeira vez, solicitaráselle que defina o punto de acceso
á Internet que desexa usar para descargar a información do mapa, que empregue
A-GPS ou que se conecte a unha rede WLAN.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e
do Plan de radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión
tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no interior dos
edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a través
de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor
GPS nin das redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que se produzan erros de
redondeo. A precisión tamén se pode ver afectada pola dispoñibilidade e calidade
dos sinais GPS.
Mapas 113
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns
países. Por exemplo, en Francia só está permitido utilizar redes WLAN en lugares
interiores. Para obter máis información, contacte coas súas autoridades locais.