
Cambiar o aspecto do mapa
Vexa o mapa en modos diferentes, para identificar con facilidade onde se atopa.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Miña posic.
.
Seleccione e entre as seguintes:
Vista de mapa — Na vista de mapa estándar, detalles como nomes de localizacións
ou números de autovías, son doados de ler.
Vista de satélite — Para obter unha vista detallada, utilice imaxes de satélite.
Mapas 111

Vista de terreo — Permite ver nunha ollada o tipo de terreo, por exemplo, cando
está a viaxar nunha zona sen estradas.
Vista 3D — Para obter unha vista máis realista, cambie a perspectiva do mapa.
Marcadores — Permite amosar edificios e puntos atractivos destacados no mapa.
Modo noct. — Permite atenuar as cores do mapa. Cando viaxa pola noite, o mapa
é máis sinxelo de ler neste modo.