Sincronizar os seus Favoritos
Planifique unha viaxe no seu ordenador no sitio web de Mapas Ovi, sincronice os
lugares e rutas gardados co seu dispositivo móbil e acceda ao plan dende calquera
lugar.
Para sincronizar lugares ou rutas entre o seu dispositivo móbil e o servizo da
Internet de Mapas Ovi, cómpre ter iniciado sesión na súa conta Nokia.
Mapas 117
Sincronizar lugares e rutas gardados
Seleccione
Favoritos
>
Sincronizar con Ovi
. Se non dispón dunha conta Nokia,
solicitaráselle crear unha.
Pode axustar o dispositivo para sincronizar os seus Favoritos automaticamente ao
abrir ou pechar a aplicación Mapas.
Sincronizar Favoritos automaticamente
Seleccione >
Sincronización
>
Sincronización
>
Ao iniciar e ao apagar
.
A sincronización require unha conexión á Internet activa e pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Para obter información verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
Para utilizar o servizo da Internet de Mapas Ovi, consulte a páxina www.ovi.com.