Ver a súa localización e o mapa
Vexa a súa localización actual no mapa e explore mapas de diferentes cidades e
países.
Seleccione
Menú
>
Mapas
e
Miña posic.
.
marca a súa situación actual, se está dispoñible. Cando o seu dispositivo está a
procurar a súa posición, pestanexa. Se a súa posición non está dispoñible,
indica a súa última posición coñecida.
Se soamente se atopa dispoñible o posicionamento baseado na ID de cela, un halo
vermello arredor da icona de posicionamento indica a zona xeral na que debería
estar. En zonas densamente poboadas, aumenta a precisión da estimación e o halo
vermello é máis pequeno que nas zonas pouco poboadas.
Moverse polo mapa
Arrastre o mapa co seu dedo. O mapa está orientado cara ao norte por defecto.
Ver a súa localización actual ou a última coñecida
Seleccione .
Ampliar ou reducir unha imaxe
Seleccione + ou -.
Se se despraza ata unha zona non cuberta polos mapas que se atopan gardados no
seu dispositivo e dispón dunha conexión de datos activa, descargaranse
automaticamente mapas novos.
A cobertura dos mapas varía segundo o país e a rexión.
110 Mapas