
Recuperación de mensaxes de correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e unha caixa de correo.
Se se atopa fóra de liña, seleccione
Opcións
>
Conectar
para abrir unha conexión
coa caixa de correo remota.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Mensaxería 73

Recuperación de mensaxes se ten unha conexión aberta cunha caixa de
correo remota
Seleccione
Opcións
>
Recuperar correo
>
Novo
para recuperar todas as
mensaxes novas,
Seleccionado
para recuperar só as mensaxes seleccionadas ou
Todo
para recuperar todas as mensaxes da caixa de correo.
Para deter a recuperación de mensaxes, seleccione
Cancelar
.
Peche da conexión e visualización das mensaxes de correo electrónico fóra
de liña
Seleccione
Opcións
>
Desconectar
.
Apertura dunha mensaxe de correo electrónico fóra de liña
Para abrir unha mensaxe de correo electrónico, selecciónea. Se a mensaxe de correo
electrónico non se recuperou e vostede se atopa fóra de liña, preguntaráselle se
desexa recuperar esta mensaxe da caixa de correo.
Visualización de anexos a mensaxes de correo electrónico
Abra a mensaxe e seleccione o campo do anexo indicado mediante . Se o
dispositivo non recuperou o anexo, seleccione
Opcións
>
Recuperar
.
Recuperación de mensaxes de correo electrónico automaticamente
Seleccione
Opcións
>
Axustes de correo
>
Recuperación autom.
.
Axustar o teléfono para recuperar correos electrónicos automaticamente pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter
información acerca das tarifas de transmisión de datos.