
Vista principal da mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
(servizo de rede).
Creación dunha mensaxe nova
Seleccione
Nova mensaxe
.
Consello: Para evitar ter que volver escribir mensaxes que envía con frecuencia,
utilice as mensaxes gardadas da carpeta Modelos en As miñas carpetas. Tamén pode
crear e gardar os seus propios modelos.
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
66 Mensaxería

Caixa de entrada — Permite almacenar as mensaxes recibidas, agás as
mensaxes de correo electrónico e de información de cela.
As miñas carp. — Organice as súas mensaxes en cartafoles.
Caixa de correo — Conéctese coa súa caixa de correo remota para recuperar
mensaxes de correo electrónico novas ou ver mensaxes de correo electrónico
recuperadas previamente fóra de liña.
Borrador — Permite almacenar os borradores non enviados.
Enviados — Nesta carpeta almacénanse as últimas mensaxes que se enviaron,
agás as mensaxes enviadas mediante a conectividade Bluetooth. É posible definir
o número de mensaxes que desexa que se garden nesta carpeta.
Caixa de saída — As mensaxes que están agardando a ser enviadas
almacénanse temporalmente na Caixa de saída, por exemplo, cando o dispositivo
se atopa fóra da cobertura da rede.
Informes entreg. — Pode solicitar que a rede lle envíe un informe de entrega
das mensaxes de texto e mensaxes multimedia que enviou (servizo de rede).