
Instalar aplicacións
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo dende un ordenador
compatible, descargar durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe
multimedia, como ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros
métodos de conexión, como unha conexión Bluetooth.
Pode utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi Suite para instalar unha
aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:
Aplicación SIS ou SISX
Aplicación Java
Outras aplicacións 159

widgets
aplicación instalada na memoria masiva
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de
fontes de confianza, como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
•
Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu fornecedor ou creador,
seleccione
Opcións
>
Ver detalles
Para ver os detalles do certificado de seguridade da aplicación, seleccione
Detalles:
>
Certificados:
>
Ver detalles
. Controle o uso de certificados
dixitais en Xestión de certificados.
•
Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou parche para unha
aplicación existente, só pode restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro
de instalación orixinal ou unha copia de seguridade completa do paquete de
software eliminado. Para restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación e
instálea de novo dende o ficheiro de instalación orixinal ou dende a copia de
seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se non se atopa, é posible
que o teléfono lle solicite a súa descarga. Se non existe ningún punto de acceso
definido para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un.
Para instalar unha aplicación, leve a cabo o seguinte:
1 Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Xestor
aplicac.
. Tamén pode buscar os ficheiros de instalación mediante o Xestor de
ficheiros ou seleccionar
Mensaxería
>
Caixa de entrada
e abrir unha mensaxe
que conteña un ficheiro de instalación.
160 Outras aplicacións

2 No Xestor de aplicacións, seleccione
Opcións
>
Instalar
. Noutras aplicacións,
seleccione o ficheiro de instalación para que esta comece.
Durante a instalación, o teléfono amosa información acerca do seu progreso.
Se instala unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará
unha advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da orixe e contido
da aplicación.
Para executar unha aplicación instalada, localícea no menú e selecciónea. Se a
aplicación non posúe un cartafol predeterminado definido, instalarase no cartafol
Aplicacións intal. do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados e a súa data, seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación antivirus. Dispoñer de
máis dunha aplicación con función antivirus pode afectar ao rendemento e
funcionamento ou provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar aplicacións nunha memoria masiva, os ficheiros de instalación
(.sis, .sisx) permanecen na memoria do teléfono. É posible que os ficheiros utilicen
grandes cantidades de memoria e lle impidan almacenar outros ficheiros. Para
conservar unha memoria suficiente, utilice Nokia Ovi Suite para realizar copias de
seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador compatible e, a
continuación, utilice o xestor de ficheiros para eliminar os ficheiros de instalación
da memoria do teléfono. Se o ficheiro .sis é un elemento adxunto dunha mensaxe,
elimine a mensaxe da caixa de entrada de Mensaxería.