Formatar a memoria masiva
1 Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Oficina
>
Xestor fichs.
.
2 Seleccionar a memoria masiva.
3 Seleccione
Opcións
>
Format. memo. masiva
. Non formate a memoria
masiva mediante o software do ordenador, xa que pode producirse un
funcionamento anormal.
Cando se volve formatar a memoria masiva, elimínanse todos os datos da memoria
de xeito permanente. Faga unha copia de seguridade dos datos que desexe
conservar antes de formatar a memoria masiva. Pode usar Nokia Ovi Suite para
gardar a copia de seguridade nun ordenador compatible. É posible que as
tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) impidan que se restauren os datos
da copia de seguridade. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter
máis información sobre a DRM usada para o seu contido.
Formatar non garante que se destrúan permanentemente todos os datos
confidenciais gardados na memoria masiva do dispositivo. Un formato estándar só
marca a área formatada como espazo dispoñible e elimina os accesos para atopar
os ficheiros de novo. Aínda segue sendo posible a recuperación de datos formatados
ou incluso sobrescritos con ferramentas e software de recuperación.
Outras aplicacións 157