Nokia X6 00 - Consellos para crear unha conexión GPS

background image

Consellos para crear unha conexión GPS
Comprobar o estado do sinal de satélite

Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Situación

e

Datos GPS

>

Opcións

>

Estado do

satélite

.

Se o dispositivo atopou satélites, amosarase unha barra por cada satélite na vista

de información dos satélites. Canto máis longa sexa a barra, maior intensidade terá

o sinal do satélite. Unha vez que o seu dispositivo recibiu suficientes datos do sinal

do satélite para calcular a súa localización, a cor da barra cambiará.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro satélites como mínimo para

poder calcular as coordenadas da súa posición. Despois do cálculo inicial pode que

sexa posible seguir calculando as coordenadas da súa posición con tres satélites.

Non obstante, a precisión adoita mellorar cando se atopan máis satélites.
Se non se atopa ningún sinal de satélite, o problema pode radicar nun dos puntos

seguintes:

Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para recibir un mellor sinal.

Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis aberto.

Se as condicións meteorolóxicas son malas, a forza do sinal pode verse afectada.

Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que poden bloquear os

sinais dos satélites.

Asegúrese de non cubrir a antena coa man.

Posicionamento (GPS) 105

background image

O establecemento dunha conexión GPS pode tardar dende un par de segundos ata

algúns minutos. O establecemento dunha conexión GPS nun vehículo pode tardar

máis tempo.
O receptor de GPS aliméntase da batería do dispositivo. Se usa o GPS, é posible que

a batería se esgote con máis rapidez.