Nokia X6 00 - GPS asistido (A-GPS)

background image

GPS asistido (A-GPS)

O seu dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS é un servizo de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de asistencia técnica mediante

unha conexión de paquetes de datos, que axuda a calcular as coordenadas da súa

localización actual cando o dispositivo recibe sinais dos satélites.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe información útil por satélite desde un

servidor de datos de asistencia a través da rede móbil. Coa axuda dos datos de

asistencia, o teléfono pode obter a localización do GPS de xeito máis rápido.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar o servizo A-GPS de Nokia,

se non se atopan dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de servizos

específico. Os datos de asistencia recupéranse desde o servidor do servizo A-GPS de

Nokia só cando é necesario.

Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no dispositivo para recuperar os

datos de asistencia do servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión de paquetes

de datos. Para definir un punto de acceso para A-GPS, seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

Situación

e

Posicionamento

>

Servidor posicionamento

>

Punto de acceso

. Para este servizo non se pode utilizar un punto de acceso LAN

sen fíos (WLAN). Só se pode utilizar un punto de acceso á Internet de paquetes de

datos. O dispositivo solicita o punto de acceso á Internet cando o GPS se utiliza por

primeira vez.

104 Posicionamento (GPS)