
Accións na pantalla táctil
Tocar e tocar dúas veces
Para abrir unha aplicación ou outro elemento na pantalla táctil, normalmente
puntea co dedo. mais para abrir os elementos seguintes, cómpre tocar neles dúas
veces.
•
Elementos de lista dunha aplicación, como o cartafol Borrador da lista de
cartafoles de Mensaxería
Consello: Ao abrir unha vista de lista, xa estará resaltado o primeiro elemento.
Para abrir o elemento resaltado, tóqueo unha vez.
•
Aplicacións e cartafoles do menú ao empregar o tipo de vista de lista
•
Ficheiros dunha lista, por exemplo, unha imaxe na vista de vídeos e imaxes na
Galería.
Se toca nun ficheiro ou un elemento similar unha vez, non se abre, resáltase.
Para ver as opcións dispoñibles para o elemento, seleccione
Opcións
ou, de
estar dispoñible, seleccione unha icona na barra de ferramentas.
Seleccionar
Nesta documentación para o usuario, por "seleccionar" enténdese abrir aplicacións
ou elementos tocando neles unha ou dúas veces. Se precisa seleccionar varios
elementos nunha secuencia, os textos da pantalla que se van seleccionar sepáranse
mediante frechas.
Exemplo: Para seleccionar
Opcións
>
Axuda
, puntee
Opcións
, e a continuación,
puntee
Axuda
.
20 Primeiros pasos

Arrastrar
Para arrastrar coloque o dedo na pantalla e escorrégueo pola mesma.
Exemplo: Para desprazarse arriba ou abaixo nunha páxina web, arrastre a páxina
co dedo.
Desprazarse
Para desprazarse, deslice o dedo rapidamente na pantalla cara á esquerda ou á
dereita.
Exemplo: Cando estea a ver unha imaxe, para ver a seguinte ou a anterior, deslícea
cara á esquerda ou á dereita respectivamente.
Consello: Se o teclado táctil está bloqueado e desexa responder a unha chamada
ou deter unha alarma, desprace a pantalla co dedo. Siga as indicacións visuais.
Desprazarse cara arriba ou abaixo
Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que dispoñan dunha barra de
desprazamento, arrastre o control deslizante da barra de desprazamento.
Primeiros pasos 21

Para desprazar listas máis longas, desprace a lista. Canto máis rápido a desprace,
máis rápido se moverá a lista. Se a despraza cara arriba, a lista continuará o
movemento e moverase cara abaixo.
Para seleccionar un elemento dunha lista xiratoria e para deter o movemento,
puntee no elemento.
Consello: Para ver unha descrición curta dunha icona, coloque o dedo na icona. As
descricións non están dispoñibles para todas as iconas.
Luz da pantalla táctil
Logo dun período de inactividade, a luz da pantalla táctil apágase.
Para acender a luz da pantalla, tóquea.
De estaren bloqueadas as teclas e a pantalla táctil, ao tocar esta non se acenderá a
luz da pantalla. Para desbloquear a pantalla e as teclas, deslice o interruptor de
bloqueo.