
Inserción da tarxeta SIM e a batería
Inserción da tarxeta SIM
Importante: Para evitar danos na tarxeta SIM, retire sempre a batería antes
de inserir ou extraer a tarxeta.
Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida
como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM
que dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo.
Unha tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo
non admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode
danar a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os datos almacenados na tarxeta.
1 Quite a tapa posterior.
2 Se a batería está inserida, retírea.
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
12 Primeiros pasos

3 Abra a tapa da rañura da tarxeta SIM.
4 Insira unha tarxeta SIM na rañura. Asegúrese de que a zona de contactos da
tarxeta estea orientada cara arriba e de que a esquina biselada da tarxeta estea
orientada cara ao teléfono. Empuxe a tarxeta cara o interior.
5 Peche a tapa da rañura da tarxeta SIM. Asegúrese de que a tapa estea
correctamente pechada.
Primeiros pasos 13

Se a tarxeta SIM non está colocada axeitadamente, o teléfono só se poderá
empregar no perfil Desconectado.
Inserir a batería
1 Insira a batería.
2 Para volver poñer a tapa no seu sitio, dirixa o peche de seguridade da parte
superior cara á rañura correspondente. En primeiro lugar, prema a tapa cara
abaixo na parte do medio para que os peches do medio encaixen no seu lugar.
Cando os peches de seguridade do medio estean colocados, prema a tapa cara
a abaixo na parte inferior do dispositivo.
Vexa "Retirada da tarxeta SIM", p. 38.
14 Primeiros pasos