Servizos de Nokia
Cos servizos de Nokia, pode atopar novos lugares e servizos e manterse en contacto
cos seus amigos. Pode facer o seguinte, por exemplo:
•
Descargar xogos, aplicacións, vídeos e tons de chamada ao teléfono
•
Orientarse mediante a navegación para peóns ou para coche gratuíta, planear
viaxes e ver localizacións nun mapa
•
Obter unha conta gratuíta de Correo de Nokia con servizo de Yahoo!
•
Obter música
Algúns elementos son gratuítos, mais é posible que outros sexan de pago.
É posible que os servizos dispoñibles varíen tamén en función do país ou rexión e
non todos os idiomas son compatibles.
Para utilizar os servizos de Nokia, cómpre dispoñer dunha conta de Nokia. Cando
acceda a un servizo no seu teléfono, pediráselle que cree unha conta.
Primeiros pasos 23
Para obter máis información, consulte a páxina www.nokia.com/support.