
Aceptación dunha invitación para compartir vídeo
Cando alguén lle envía unha invitación para compartir vídeo, a mensaxe de
invitación amosa o nome do remitente ou o enderezo SIP.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e non se atopa dentro da zona
de cobertura de rede 3G, non recibirá a invitación.
Aceptación da invitación recibida
Seleccione
Si
. A sesión de uso compartido activarase.
Rexeitar a invitación recibida
Seleccione
Non
. O remitente recibe unha mensaxe de que rexeitou a invitación.
Tamén pode premer a tecla fin para rexeitar a invitación e finalizar a chamada de
voz.
Finalización da sesión de uso compartido
Seleccione
Deter
ou finalice a chamada de voz. Cando finalice unha chamada, a
función de compartir vídeo tamén finalizará.