
Axustes de compartir vídeo
Para configurar a función de compartir vídeo, necesita establecer os axustes da
conexión de persoa a persoa e de 3G.
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome de conexión de
Protocolo de Inicio da Sesión (SIP). Cómpre configurar os axustes do perfil SIP no
dispositivo para poder utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ao seu
fornecedor de servizos os axustes do perfil SIP e gárdeos no seu dispositivo. O seu
fornecedor de servizos pode enviarlle os axustes ou proporcionarlle unha lista dos
parámetros necesarios.
Adición dun enderezo SIP a un contacto
1 Seleccione
Menú
>
Axenda
.
2 Seleccione un contacto ou cree un contacto novo.
3 Seleccione
Opcións
>
Editar
.
4 Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir vídeo
.
5 Insira o enderezo SIP co formato nomedeusuario@nomededominio (pode
utilizar un enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar o número de teléfono
do destinatario, incluído o prefixo de país, para compartir vídeo (se o fornecedor
de servizos de rede o admite).
Configuración da conexión 3G
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para establecer un acordo para
que poida usar a rede 3G.
Asegúrese de que os axustes de conexión do punto de acceso 3G do dispositivo están
configurados correctamente. Para obter máis información sobre os axustes póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.