
Compartir vídeos ou videoclips en directo
Durante unha chamada de voz activa, seleccione
Opcións
>
Compartir vídeo
.
Realización de chamadas 51

1 Para compartir vídeos en directo durante a chamada, seleccione
Vídeo en
directo
.
Para compartir un videoclip, seleccione
Videoclip
. Ábrese unha lista de
videoclips gardados na memoria do dispositivo ou na memoria masiva.
Seleccione o clip que desexa compartir.
É posible que teña que converter o videoclip nun formato axeitado para poder
compartilo. Se o seu dispositivo lle indica que cómpre converter o videoclip,
seleccione
Aceptar
. O dispositivo debe dispoñer dun editor de vídeo para que
a conversión funcione.
2 Se o destinatario dispón de varios enderezos SIP ou números de teléfono
incluído o prefixo de país gardado en Contactos, seleccione o enderezo ou
número desexado. Se o enderezo SIP ou o número de teléfono do destinatario
non está dispoñible, insira o enderezo ou o número do destinatario, incluído o
código do país, e seleccione
Aceptar
para enviar a invitación. O seu dispositivo
enviará a invitación ao enderezo SIP.
Comézase a compartir automaticamente cando o destinatario acepta a
invitación.
Opcións dispoñibles na función de compartir vídeos
para silenciar ou activar o micrófono
para activar e desactivar o altofalante
para deter e continuar o uso compartido de vídeo
para cambiar ao modo de pantalla completa (só dispoñible para o
receptor)
3 Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione
Deter
. Para finalizar
a chamada de voz, prema a tecla fin. Cando finalice unha chamada, a función
de compartir vídeo tamén finalizará.
Para gardar o vídeo en directo que compartiu, seleccione
Si
cando se lle solicite. O
dispositivo infórmalle da situación do vídeo gardado.
52 Realización de chamadas

Se inicia outras aplicacións mentres comparte un videoclip, a función de compartir
detense. Para volver á vista da función de compartir vídeo e continuar compartindo,
seleccione na pantalla de inicio
Opcións
>
Proseg. compartir vídeo
.