Requisitos para compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require o uso dunha conexión 3G. A súa capacidade
para usar a función de compartir vídeo depende da dispoñibilidade da rede 3G. Para
obter máis información sobre o servizo, a dispoñibilidade da rede 3G e as tarifas
asociadas co uso deste servizo, póñase en contacto co fornecedor do servizo.
Para o uso compartido de vídeo, asegúrese de que:
•
O dispositivo estea configurado para establecer conexións de persoa a persoa.
•
Dispón dunha conexión 3G activa e que se atopa dentro da zona de cobertura
de rede 3G. Se se despraza fóra da zona de cobertura da rede 3G durante unha
sesión de compartir vídeo, o uso compartido finalizará mentres continúa a súa
chamada de voz.
•
Tanto o remitente como o destinatario se atopan rexistrados na rede 3G. Se
convida a alguén a unha sesión para compartir contidos e o dispositivo do
destinatario non se atopa dentro da zona de cobertura de rede 3G ou non dispón
da función para compartir vídeo instalada ou non configurou as conexións de
persoa a persoa, o destinatario non recibirá as invitacións. Nese caso, recibirá
unha mensaxe de erro que lle indicará que o destinatario non pode aceptar a
invitación.
50 Realización de chamadas