Realizar unha videochamada
Ao realizar unha videochamada (servizo de rede), pode verse un vídeo a tempo real
a dúas bandas entre vostede e o destinatario da chamada. A imaxe do vídeo en
directo ou a imaxe do vídeo capturada pola cámara do teléfono amósase ao
destinatario da videochamada.
Para ser quen de facer unha videochamada, cómpre dispoñer dunha tarxeta USIM
e atoparse nunha zona de cobertura dunha rede UMTS. Para obter información
46 Realización de chamadas
acerca da dispoñibilidade, os prezos e a subscrición aos servizos de videochamada,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
As videochamadas só se poden facer entre dúas partes. As videochamadas poden
realizarse a un dispositivo móbil compatible ou a un cliente RDSI. As videochamadas
non se poden facer mentres está activa outra chamada de voz, vídeo ou datos.
Iconas
Non está a recibir vídeo (o destinatario non está a enviar vídeo ou a rede
non o está a transmitir).
Rexeitou o envío de vídeo desde o seu teléfono. Para enviar unha imaxe
fixa no seu lugar, seleccione
Menú
>
Axustes
e
Chamando
>
Chamada
>
Imaxe en videochamada
.
Mesmo se rexeitou o envío do vídeo durante unha videochamada, a
chamada cobrarase como unha videochamada. Consulte as tarifas ao seu
fornecedor de servizos.
1 Na pantalla de inicio, seleccione ou
Teléfono
para abrir o teclado de
marcación e insira o número de teléfono.
2 Seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Videochamada
.
De forma predeterminada, a cámara secundaria situada na parte dianteira
utilízase nas videochamadas. Iniciar unha videochamada pode tardar uns
intres. Se a chamada non se pode realizar (por exemplo, se a rede non admite
as videochamadas ou o dispositivo de recepción non é compatible),
preguntaráselle se desexa intentar realizar unha chamada normal ou enviar
unha mensaxe.
A videochamada estará activa cando se vexan dúas imaxes de vídeo e se escoite
o son a través do altofalante. O destinatario da chamada pode rexeitar o envío
dun vídeo (o que se indica mediante ), polo que só escoitará a voz da persoa
que chama xunto cunha imaxe inmóbil ou un fondo gris.
3 Para finalizar unha videochamada, prema a tecla Fin.
Realización de chamadas 47